Right Here Right Now
Cart 0

SONS OF EXODUS

Sons Of Exodus é un proxecto musical e artístico nado da inquedanza por explorar o uso da música tradicional galega co rock duro e contemporáneo.

Con tres discos editados ata a data, onde se contan historias baseadas en lendas galegas e a súa Historia, o guitarrista rianxeiro Carlos Cernadas leva a escea este ambicioso proxecto acompañado de Amós Varela á batería (NAO), Aitor Iglesias á guitarra, Diego P. Castro ao baixo (N.E.O) e Manuel Varela Vazquez á gaita (Leirabuxo).

Despois de recibir boas críticas, publicadas en medios tan prestixiosos como Mariskal Rock e a revista La Heavy, Sons Of Exodus, cos seus kilts e a súa potente posta en escena, aspiran a converterse nun referente do Folk Rock galaico.